[2014-02-27]
SISTEMAS DE AXUDA A EXPLOTACION. (SAE)
De conformidade coa Resolución de 1 de febreiro, de 2.014, da Dirección Xeral de Mobilidade, as concesión de servizo público de transporte de viaxeiros de uso xeral que non renunciaron a prorroga prevista na Lei 5/2009, dentro do plan de modernización deben de dotarse dun sistema de axuda a explotación, que permita acceder a seguinte información en tempo real:
• Localización automática dos vehículos, que permita coñecer o posicionamento en tempo real dos vehículos mediante localización GPS. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identificador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor e posición GPS.
• Regulación do servizo, que permita coñecer o desfase do vehículo respecto da posición prevista. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identificador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor, posición GPS, distancia próxima parada e próxima parada.
• Ticketing, información xerada sobre o sistema de pagamento. Para iso, será necesario facilitar a recompilación dos seguintes datos: identificador do contrato, liña-ruta, servizo, vehículo, condutor, orixe/destino, medio de pagamento.
Para cumprir con esta obriga as empresas poderán dotarse dun centro de control local e xestión de explotación propio (SAE) que reenviará a información o CONGA ( Centro Operativo de Mobilidade de Galicia) de acordo cos protocolos que a Administración determine ou adherirse, antes do 28 de febreiro, o sistema que poñerá en marcha a Xunta de Galicia, empregando de forma permanente o COMGA de acordo cos protocolos e criterios de deseño, operatividade e seguridade que a Administración estableza, aboando una cuota mensual que cubrirá todos estes servizos.
.
Sede:
C/ Laverde Ruiz nº 6 Bajo D
15701 Santiago (A Coruña)
Teléfono:
(981) 59 75 00
Fax:
(981) 59 86 20
Correo electrónico: